Si, si, non me trabuquei ó escribir o título. Imaxino que ese é o primeiro pensamento que teñen todos vostedes ó lelo. Como na vida, todo ten unha explicación. Para comezar direilles que, non están tan errados pois, efectivamente ese eufemismo – sistema de mercado – que se usa habitualmente para falar do capitalismo constitúe o miolo do meu artigo. Segundo este sistema, todos somos ceibes para crear unha empresa e enriquecernos a través da mesma, até aí, todo lexítimo. Para que isto aconteza, é dicir, para que unha empresa permita a alguén prosperar, é preciso que, ésta, dea resposta a unha necesidade, por exemplo, os avións deron resposta á necesidade de viaxar; os teléfonos móbiles deron resposta á necesidade de comunicarse entre nós ou as compañías de lentes deron resposta á necesidade de suplir as deficiencias da vista. Grandes avances.
Os problemas comezan cando se establece que esas necesidades, son creadas – sigo defendendo a lexitimidade – pero esa creación, moitas veces, lévase a cabo a través da utilización de medios ben pouco éticos, que, en moitos casos ó bater cun público carente de capacidade crítica, dá co éxito, verbigracia no caso dos “okupas” e as alarmas de seguridade. Sorprende ver como moitos programas de televisión falan constantemente desta problemática criminalizando casos concretos e ofrecendo os datos desde unha perspectiva sesgada. Boto de menos que se fale da cantidade de “okupacións” levada a cabo por persoas con DNI español – que segundo a Constitución teñen dereito a unha vivenda digna – ou que o 70% dos pisos “okupados” pertencen a bancos e fondos voitre.
Así e todo, cada día temos horas e horas de tertulia nalgún medio de comunicación, cuxos ingresos se atopan en continua zozobra pero cuxa publicidade está copada de información de certa marca de alarmas de seguridade, directa. Desta forma, un dos estados máis seguros crea continuamente unha necesidade de seguridade moi lonxe da realidade pero moi preto da opinión pública, que de novo, adolece de capacidade de análise. Así se venden as necesidades, así se vende o sistema. Sigo falando de lexitimidade?
—
Esta y otras historias en nuestro blog, y si quieres, consulta nuestros servicios en nuestra web: www.galeduca.es, o si prefieres el inglés, tenemos disponible nuestra página www.justenglishacademy.es.
—